Aínda que é innegable que o emprego é esencial para a redución da pobreza, tan só o traballo decente permitirá que as persoas accedan ao seu dereito a ter condicións de vida dignas e ter cubertas as súas necesidades básicas. Os millóns de homes e mulleres que traballan ou que buscan emprego necesitan que os seus gobernos adopten medidas adecuadas.